|
PRODUCCIONES MOKO LOKO
PRESENTA:
QUE ME QUITEN LO BAILAO
|

|
|
NOTA INFORMATIVA
|
|
|
O quinto disco do grupo ourensán "Mitocondrias", titulado "QUE ME QUITEN LO BAILAO", esta a venda, exclusivamente en edición dixital, dende o mes de maio do 2009 ano na páxina web da compañía Pai música.
"Que me quiten lo Bailao" é un disco conceptual, tódolos temas tocan nas súas letras a adición e o consumo de diferentes drogas, tanto legais como ilegais, coa única pretensión de dar unha visión normalizadora dunhas sustancias empregadas dende que o home é o que é.
|
|
PEQUENA BIOGRAFÍA
|
|
|
O xerme da banda formouse nun bar, no ano 1.989. Pasaron milis, músicos e bolos, ate que no 93 de xira por Portugal ofrecéronnos gravar un disco. Marchamos bébedos a Viana do Castelo, gravamos bébedos e voltamos co mesmo estado, pero co noso primeiro disco "Tiempos Dificiles" debaixo do brazo. Xiramos por España e Portugal pero as idas e vidas dos músicos desestabilizaron á banda, ata que no 97 con David á guitarra conclúese a formación actual.
No 2003 como Power Trío editamos "Quien no Corre Vuela" coa Discográfica ourensán Arteficción Discos e no 2006 como cuarteto, "Trankilidad". No 2.007 fixemos dous vídeos musicais ("Perro" e "La Resaca"), unha canción nosa foi editada nun recopilatorio de bandas ourensáns e autoeditamos un concerto "Directo Na Radio Galega".
A Banda sempre foi influenciada por diferentes puntos de vista, no que se refire á música, abarcando o aló menos considerando todo, e sen maior pretensión cá de tocar e pasalo ben namentres o corpo o ature e o público nos ature a nos.
Saúde e bo R´N´R.
|
|
DISCOGRAFÍA
|
|
|
® "MITOCONDRIAS I ". (maqueta) Taller de música de Ourense (1992 ).
® "MITOCONDRIAS II". (maqueta) Taller de música de Ourense (1994)
® "TIEMPOS DIFÍCILES". CD y K7. Independent Records. Polygram. (1996)
® "PEQUEÑA HERMANA". CD-R. Produccións Moko Loko (2001)
® "PERRO". CD-R. Produccións Moko Loko. (2002)
® "QUIEN NO CORRE VUELA". CD. Arteficción Discos & Produccións Moko Loko. (2003)
® "TRANKILIDAD". CD. Arteficción Discos & Produccións Moko Loko. (2006).
® "SON DE OURENSE". CD. Arteficción Discos. Recopilatorio de bandas ourensáns. (2007).
® "DIRECTO NA RADIO GALEGA". CD-R. Produccións Moko Loko. (2007)
|
|
FICHA TÉCNICA
|
|
|
Once temas gravados polo método "todos a de tres", e mesturados pola técnica "unha perna tapa a outra", e todo feito no estudio "A Casa de Tolos"de Gondomar, dende xaneiro ate abril do ano 2.009. Técnico de gravación e productor Segundo Grandio. Nove temas foron compostos enteiramente por David Taín, noutro tema Carlos Taín fixo a letra e David a música, e na versión do tema dos Rolling Stones "Sister Morphine", David adaptou a letra o castelán e Gary Robert adaptou a música.
Deseño gráfico: Sara Rodríguez e Mitocondrias.
Fotos: Fernando Brasas e Otis Lobishome.
Mitocondrias son:
Carlos Vázquez: baixo e coros.
Fernando Vázquez "Brasas": batería.
David Taín: guitarra e voz.
Thierry Fernández: hammond e outras teclas.
Músicos invitados:
Manolo Carrera: saxofón nos temas 1 e 8.
Esau Blues: armónica en 5.
Javier "Franki": guitarra solista en 3 e 8.
Ezequiel: coros en 1 e 6.
|
|
LISTA DE TEMAS
|
|
|
1.- QUE ME QUITEN LO BAILAO. Da titulo ao disco e esta adicada a un exadicto a heroína e portador do virus do SIDA.
2.- TROPECE. A letra deste tema fala dunha relación tormentosa cunha muller adicta a Coca Cola.
3.- MUY BIEN CHAVAL. Adicado, con moita mala leite, as novas xeracións de nenos de papa.
4.- 5 DÍAS BLUES. Fala do fin dunha relación e o uso do alcohol como solución os problemas sentimentais.
5.- BORRACHO. Estado fisiolóxico ben coñecido polos compoñentes da banda. Trata dunha das nosas xiras e do día despois dun concerto nas terras do viño de Amandi.
6.- VOLVÍN NACER. Tema en galego que conta unha axetreada volta a casa despois dun concerto, na que gastas os cartos ben ganados e montas no coche dun colega máis bébedo ca ti.
7.- HERMANA MORFINA. Adaptación o castelán do mítico tema "Sister Morphine" do Rolling Stones.
8.- VICIOSA. Trata dunha relación cunha muller adicta a la cocaína.
9.- DOCE CRISTINA. Canción que ten letra en galego que fala dunha moza das Rías Baixas con síndrome de abstinencia pola heroína.
10.- SUSANA TIENE UN BLOG. A letra foi composta por Carlos Taín e desbarra sobor do uso das novas tecnoloxías para controlar a túa vida.
11.- CABAÑÓN. Instrumental cun título evocador...
|
|